Year Zero
Year Zero | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Nine Inch Nails | ||||
Publicado | 16 de abril do 2007 | |||
Gravación | setembro - decembro do 2006 | |||
Duración | 63:42 | |||
Xénero(s) | rock industrial | |||
Selo(s) | Interscope | |||
Produtor | Trent Reznor, Atticus Ross | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Year Zero (tamén coñecido coma Halo 24) é o sexto álbum de estudio da banda de rock industrial estadounidense Nine Inch Nails. Foi editado o día 16 de abril do 2007 baixo o selo Interscope Records. O álbum foi producido polo líder da banda, Trent Reznor, e Atticus Ross, mesturado polo vello colaborador do grupo Alan Moulder e masterizado por Brian Gardner. O álbum foi composto por Trent Reznor durante a xira do seu anterior traballo, With Teeth. En contraste co estilo máis introvertido de composición que Reznor usou en traballos anteriores, Year Zero é un álbum conceptual que criticaba ás políticas contemporáneas do goberno dos Estados Unidos presentando unha visión distópica do ano 2022.
O álbum é parte dun proxecto máis grande que inclúe un álbum de remesturas, un xogo de realidade alternativa, e unha potencial película. O xogo de realidade alternativa Year Zero ampliou a historia ficticia do disco usando medios tales como páxinas web, mensaxes telefónicas pre-gravadas ou murais.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- "HYPERPOWER!" – 1:42
- "The Beginning of the End" – 2:47
- "Survivalism" – 4:23
- "The Good Soldier" – 3:23
- "Vessel" – 4:52
- "Me, I'm Not" – 4:51
- "Capital G" – 3:50
- "My Violent Heart" – 4:13
- "The Warning" – 3:38
- "God Given" – 3:50
- "Meet Your Master" – 4:08
- "The Greater Good" – 4:52
- "The Great Destroyer" – 3:17
- "Another Version of the Truth" – 4:09
- "In This Twilight" – 3:33
- "Zero-Sum" – 6:14